MANIFESTO

 

   

MANIFESTO

 REXEITAMENO FIRME Á PLANTA DE BIOGÁS

Soandres, A Laracha · 2026

STOP BIOGÁS A LARACHA é a resposta organizada de veciñas e veciños do Concello de A Laracha fronte a un proxecto industrial que ameaza o noso patrimonio, a nosa saúde, a nosa auga e o noso modo de vida.

A empresa Bioenergía A Coruña, S.L, ven de presentar un proxecto  para a instalación dunha planta industrial de produción de biometano na parroquia de Soandres, no lugar de Vista Alegre, no municipio de A Laracha e que linda con otros concellos coma Cerceda, Culleredo e Arteixo.

A NOSA AUGA NON É UN RECURSO INDUSTRIAL

Esta Planta de Biogás aséntase en plena cabeceira do río Anllóns, lindando ao sur directamente co seu cauce. O Anllóns é un dos ríos costeiros máis importantes da Costa da Morte e fonte de abastecemento de auga potable para poboacións ao longo de todo o seu percorrido.

 O vertido da planta á cabeceira deste río suporía unha ameaza directa e persistente para a calidade da auga que beben miles de persoas aguas abaixo. O punto de vertido da depuradora da planta de Biogás será directamente sobre a cabeceira do río Anllóns

AS NOSAS CASAS NON SON UN POLÍGONO INDUSTRIAL

As vivendas habitadas máis próximas ao emprazamento previsto atópanse a escasos 300 metros. As plantas industriais de biogás xeran de forma continuada emisións gasosas —sulfuro de hidróxeno, amoníaco, mercaptanos e outros compostos orgánicos volátiles— con cheiros intensos e persistentes asociados a problemas respiratorios crónicos, dores de cabeza, náuseas e trastornos do sono. Perceptibles a kilómetros de distancia. O biogás é ademais altamente inflamable e explosivo. Presenta un risco moi elevado para a vida no rural. Degradan o territorio no que se asentan porque non xestionan eficazmente o residuos, e istes acaban depositados nas leiras ou en gabias sen control,  contaminando os acuíferos.

PORQUE O NOSO PATRIMONIO NON SE VENDE NIN SE DESTRÚE

A ubicación prevista para a planta sitúase sobre os terreos onde se atopa a Mámoa de Chousa Grande. E apenas 500 metros  o Castro de Santa Baia rompéndose así a unidade arqueolóxica do lugar e os seus valores. Non son pedras. Son a memoria viva deste territorio. Quen os destrúe, destrúe tamén unha parte de nós.

POR TODO O EXPOSTO ANTERIORMENTE, AS ENTIADES E PERSOAS QUE ASUMEN O CONTIDO DESTE MANIFESTO, SOLICITAMOS ÁS ADMINITRACIÓNS RESPONSABLES DE DEFENDER O NOSO VALIOSO PATRIMONIO: TERRA, AUGA E AIRE LIMPOS.

1.         1.  Que a Confederación Hidrográfica de Galicia-Costa e o organismo ambiental competente realicen unha avaliación rigorosa e independente do risco hidrolóxico e hidroxeolóxico antes de outorgar calquera autorización de vertido, incluíndo análise específica do acuífero subterráneo e das captacións situadas aguas abaixo no cauce do Anllóns.

2.         2.  Que a avaliación de impacto ambiental inclúa un estudo específico de dispersión de emisións odoríferas e contaminantes con modelización de afección aos núcleos de poboación máis próximos, e que se avalie a compatibilidade do proxecto coa normativa de protección da saúde pública.

3.          3. Que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude emita informe preceptivo e vinculante sobre a compatibilidade deste proxecto co réxime de protección dos bens: Mámoa de Chousa Vella GA15041030 e do Castro de Santa Baia GA15041013, e que, de existir incompatibilidade, o expediente sexa arquivado de forma inmediata e definitiva.

4.      O rural galego —e o rural español— non pode seguir sendo o destino das infraestruturas que ninguén quere preto das cidades.

              ESIXIMOS ao Goberno de España , Parlamento Nacional e o Parlamento da Xunta:

a.      A aprobación urxente dunha normativa estatal (e no seu caso autonómica-Xunta de Galicia) específica que regule as instalacións de biogás, biometano e tratamento de residuos orgánicos de carácter industrial (distancias mínimas obrigatoiras, zonas de exclusión coma as cabeceiras do río…)

b.      Que os concellos teñan competencia efectiva e vinculante no proceso de autorización destas instalacións, de xeito que o rexeitamento unánime dun pleno municipal supoña a paralización do proxecto salvo resolución motivada de instancia superior.

Comentarios

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Lembramos o Noso correo de contacto por aquí tamén stopbiogasalaracha@gmail.com
    Calquera entidade, asociación, colectivos e outras palaformas se poden poñer en contacto para dherirse ao manifestó.
    Grazas pola colaboración

    ResponderEliminar

Publicar un comentario