MANIFESTO
MANIFESTO REXEITAMENO FIRME Á PLANTA DE BIOGÁS Soandres, A Laracha · 2026 STOP BIOGÁS A LARACHA é a resposta organizada de veciñas e veciños do Concello de A Laracha fronte a un proxecto industrial que ameaza o noso patrimonio, a nosa saúde, a nosa auga e o noso modo de vida. A empresa Bioenergía A Coruña, S.L, ven de presentar un proxecto para a instalación dunha planta industrial de produción de biometano na parroquia de Soandres, no lugar de Vista Alegre, no municipio de A Laracha e que linda con otros concellos coma Cerceda, Culleredo e Arteixo. A NOSA AUGA NON É UN RECURSO INDUSTRIAL Esta Planta de Biogás aséntase en plena cabeceira do río Anllóns , lindando ao sur directamente co seu cauce. O Anllóns é un dos ríos costeiros máis importantes da Costa da Morte e fonte de abastecemento de auga potable para poboacións ao longo de todo o seu percorrido. O vertido da planta á cabeceira deste río suporía unha ameaza directa e persi...